Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 31 Maio, 2025
- 0 Comments
- Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña
No programa Memorial Carlos Parrado. A nosa historia facemos un exercicio de memoria democrática. Este mes conmemoramos Luísa Viqueira, unha coruñesa loitadora incansable durante a Guerra Civil e activista comprometida no exilio mexicano.
Convidamos á palestra “Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar” impartida por Manuel Miragaia, o xoves 11 de setembro, ás 20 h no local veciñal.
Manuel Miragaia Doldán é un escritor galego, exprofesor, socio e colaborador da nosa asociación e autor do artigo Luísa Viqueira: exemplo de activismo antifascista, democrático e cultural, publicado na revista da Fundación Terra e Tempo.
A entrada é libre e de balde.

0 Comments