Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar

Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar

Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 16 Setembro, 2025
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Manuel Miragaia, Memoria democrática, Memorial Carlos Parrado

No programa Memorial Carlos Parrado. A nosa historia facemos un necesario exercicio de memoria democrática. Este mes conmemoramos Luísa Viqueira Landa, unha coruñesa loitadora incansable durante a Guerra Civil e activista comprometida no exilio mexicano.

Convidamos á palestra “Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar” impartida por Manuel Miragaia, este xoves 11 de setembro, ás 20 h no local veciñal.

Manuel Miragaia Doldán é un escritor galego, exprofesor,  socio e colaborador da nosa asociación e autor do artigo Luísa Viqueira: exemplo de activismo antifascista, democrático e cultural, publicado na revista da Fundación Terra e Tempo.

A entrada é libre e de balde.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *