Lectura teatralizada de “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 2 Novembro, 2026
- 0 Comments
- Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural O Facho, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal, Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña e Castro, Asociación Veciñal Agra, Castelao, Concello de Miño, Concello de Sada, Federación Galiza Cultura
Desde 2023, a Federación Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña,
promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao “Un ollo de
vidro. Memorias dun esquelete” (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista
relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis
alá da morte, sobre o mundo dos vivos. A través da mirada dese esqueleto,
“soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o
público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata:
o drama da emigración, a defensa do idioma galego, o caciquismo, memoria
histórica… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes.
Varias asociacións (Agra, ACAB, O Facho, Roxín Roxal, Tempo Novo) participan na lectura teatralizada deste relato:
O domingo 8 de novembro ás 18 h no Centro Social da Rúa, (cedido polo Concello de Miño)
O venres 13/11/2026 ás 20 h no Salón de Plenos do Concello de Sada (cedido polo Concello de Sada)

A entrada é libre e de balde.

0 Comments