Has de tocar, meniña gaiteira: unha achega á situación das gaiteiras na música tradicional
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 21 Xuño, 2026
- 0 Comments
- Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña, Música tradicional
da conferencia que Marina Fernández Vigo desenvolverá o vindeiro venres, 26 de xuño ás 20:15 h no local veciñal (rúa Entrepenas, 38). A entrada é libre ata encher a capacidade do local.
Marina Fernández Vigo é gaiteira, percusionista, arranxista e docente. Posúe o Título Superior en Interpretación na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, e os mestrados de Teatro e Artes escénicas así como o de Formación do Profesorado. Paralelamente, fórmase na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo. É integrante da OFG Sondeseu, directora da charanga Trébede, e arranxista e gaiteira do grupo Cantometrics. Participou nas gravacións de varios discos e acadou premios como gaiteira e percusionista nos principais certames do país. Como docente destaca a súa actividade como mestra de gaita e percusión nas asociacións Peis d’hos (Cangas do Morrazo) e Xirandela (Madrid), directora da banda de gaitas María Soliña e profesora de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. É directora da sección instrumental e profesora de gaita na agrupación folclórica compostelá Cantigas e Agarimos. Ademais destaca pola súa faceta como cronista e columnista cultural, colaborando en medios como Nós Diario.

0 Comments