Gosto de vivir a poesía de Chus Pato

Gosto de vivir a poesía de Chus Pato

Gosto de vivir a poesía de Chus Pato

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 28 Setembro, 2022
  • 0 Comments
  • AELG, Asociación Veciñal Agra, Chus Pato, Gosto de vivir a poesía

“Ogallá poidamos ver o abrente no que Europa non padeza o capricho dun deus patriarcal nin os celos da súa consorte divina. Ogallá se cumpran mil primaveras máis para estes eidos que compartimos e para os idiomas, aínda hoxe desprezados, que algúns e algunhas de nós escribimos e falamos e nos que intensas amamos”

Así conclúe a Carta Aberta a Europa escrita por Chus Pato, a poeta escollida este ano en Days of Poetry and Wine / Dnevi poezije in vina, un dos festivais de poesía de máis prestixio de Europa Central. O festival selecciona cada ano un poeta, a quen lle dá a oportunidade de abordar os temas que considera máis apremantes. A carta envíase aos membros do Parlamento Europeo, do Consello de Europa e da Comisión Europea e publícase en medios de comunicación internacionais. A carta xa está traducida a quince linguas europeas e, previsibelmente, continuará tendo outras versións para facela chegar a todo o continente.

Chus Pato asistirá este xoves 29 de setembro ás 20:15 h. á lectura pública dos seus poemas que faremos no local da Asociación veciñal Agra do Orzán, rúa Entrepenas 38.

A entrada é libre e de balde.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *