Gosto de vivir a poesía de Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio L. Valcárcel
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 23 Novembro, 2021
- 0 Comments
- Ana Romaní, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Eva Veiga, Gosto de vivir a poesía, Xulio López Valcárcel
Beatriz Maceda Abeleira, vogal da AELG, presentará Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel, tres poetas que participan na sesión que pecha “Gosto de vivir a poesía” na edición de 2021.
Hai anos que a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán dentro do programa “Facendo país” coordinado por Ricardo Seixo, vén desenvolvendo “Gosto de vivir a poesía”, unha actividade aberta á participación veciñal, en que as persoas participantes escollen catro ou cinco autoras/es a quen dedicar cadansúa sesión ao longo do ano; escolman uns poemas de cada autor/a e, nunha sorte de escola de declamación, trabállanos durante un mes para facer unha lectura pública final, no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto, 15010 A Coruña) ou noutras localizacións como parte doutras actividades propias, alleas ou no decurso dos festivais que desenvolvemos no Centro Ágora. A lectura dos poemas compleméntase, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), cunha introdución sobre a figura e obra do autor/a, coa presenza do autor/a ou ao coidado dunha persoa coñecedora da súa obra. O programa de 2021 incluíu cinco recitais:
– Marzo. Miguel González Garcés
– Maio: Xela Arias: dentro do festival “Ferrados de Letras”, no Centro sociocultural Ágora
– Xullo: Ricardo Carvalho Calero
– Outubro: Antón Avilés de Taramancos
– Decembro: un acto no Centro sociocultural Ágora coa presenza de Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel
Algunhas das lecturas publicáronse na canle youtube da asociación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
02/12/2021
Horario:
19:30 h.
Duración:
60 minutos
Enderezo:
Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Número de prazas:
Ata completar a capacidade en función das limitacións preventivas contra a pandemia COVID.
Os asentos adxudicaranse por orde de chegada. A porta abre ás 19:00 h.
Prezo:
de balde
Requisitos:
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
• Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments