
Gostamos de vivir a poesía de Anxo Angueira
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 3 Maio, 2023
- 0 Comments
En xoves, 27 de abril, ás 20:00 h. no local veciñal (rúa Entrepenas 38, A Coruña) realizaremos o terceiro recital poético en que grupo veciñal que participa na actividade Gosto de vivir a poesía fará unha lectura pública de poemas de Anxo Angueira, que nos acompañará neste encontro.
Beatriz Maceda, vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, fará unha introdución sobre a vida e obra do autor homenaxeado.
A entrada é de balde.
0 Comments