Galiza en NO-DO

Galiza en NO-DO

Galiza en NO-DO

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 13 Marzo, 2022
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Beatriz Busto Miramontes, Memoria democrática, NO-DO

O programa “Agra no Ágora” de 2022 comeza con esta palestra financiada polo Concello da Coruña.

Beatriz Busto Miramontes é profesora da Área de Antropoloxía Social (Facultade de Filosofía, na Universidade de Santiago de Compostela) e participa no Grupo Galabra (https://redegalabra.org).

NO-DO, acrónimo de Noticiario Documental, foi o organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista e nel e a través del inventáronse e promocionáronse un gran número de arquetipos sobre Galiza. Isto convertiu a NO-DO nun potente aparato de representación cultural.

Dos 6000 materiales do arquivo NO-DO moitos fan referencia explícita a Galiza e á cultura galega presentada dun xeito esterotipado, subalterno e dende una óptica profundamente colonial. Así, o esterotipo, o tipismo folclorista e a homoxeneización convertíronse nas principais ferramentas de representación de Galiza nas imaxes do réxime.

A imaxe NO-DO apropiouse de elementos culturais galegos na construción dun discurso estereotipante de Galicia, nun claro obxectivo de desactivación simbólica do diferencial.

Esta representación galaiquista de Galiza e o galego tivo severas consecuencias de cara o futuro xa que produciu, definiu e representou-nos ata tal punto que os tipos folcloristas derivados dese exercicio de poder incidiron notablemente –de xeito transversal; colectiva e individualmente– na forma na que Galiza se pensa hoxe a sí mesma e o xeito no que produce representación cultural no marco dun sistema turístico capitalista que tende a mercantilizar e capitalizar os elementos etnicitarios reducíndoos a “tipos” consumibles á venda.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/03/2022

Horario:

20.00 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Organizadora:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto:

agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *