![Galiza en NO-DO. Anos 60-70](http://galizacultura.gal/agra/wp-content/uploads/sites/19/2022/11/20221111-Gz-en-NO-DO-1960-1980-825x340.png)
Galiza en NO-DO. Anos 60-70
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 10 Novembro, 2022
- 0 Comments
- agra do orzán, Agra no Ágora, Beatriz Busto Miramontes, Memoria democrática, NO-DO
Sobre os “pololos” lembra Beatriz Busto Miramontes: “foi un exemplo de violencia sobre os corpos que vivín eu mesma cando exercía o folclorismo nunha agrupación. Cando fun comprar o traxe tradicional na tenda de artesanía téxtil galega vendíanmos como parte do mesmo, e non os quixen. Dixéronme que era unha prenda tradicional, cando é unha prenda de violencia sobre o corpo feminino introducida por Coros y Danzas, un tapa-pecados”. Este venres saberemos máis da imaxe de Galiza en NO-DO nos anos 60-70, da man de Beatriz Busto, profesora na Área de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela e autora do ensaio Um país a la gallega (Através).
NO-DO (Noticiario Documental) foi o organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista e nel e a través del inventáronse e promocionáronse un gran número de arquetipos sobre Galiza.
Beatriz Busto é profesora na Área de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela e autora do ensaio Um país a la gallega (Através).
Como todas actividades do programa “Agra no Ágora” no que colaboramos co Concello da Coruña, a entrada é gratuíta.
0 Comments