Formas que nos unen

Formas que nos unen

Formas que nos unen

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 3 Marzo, 2026
  • 0 Comments
  • ADEGA, Asociación Veciñal Agra, Eira da Xoana, pintura

Exposición de pinturas de Moncho Branco, no local veciñal. Poderás visitala do 2 ao 13 de marzo, de luns a venres, entre as 6 e as 8 h da tarde. Amais, o último día, 13 de marzo, organizamos unha poxa dos cadros expostos a beneficio da Fundación Eira da Xoana, da ADEGA (ao tratarse dunha doazón a unha entidade de interese galego, a túa doazón verase bonificada por Facenda, podendo recuperar na túa declaración da renda até o 80% do importe achegado (un 30%, no caso de empresas).

Trátase dunha mostra inspirada no parque escultórico de A Coruña, onde a forma e a cor dialogan nunha (re)interpretación persoal. As obras trasladan o volume escultórico ao plano pictórico, explorando o equilibrio, a síntese e a forza expresiva da cor.

A exposición complétase con bodegóns e paisaxes que acompañan o percorrido coa mesma vontade de síntese formal, explorando a esencia das liñas, dos volumes e da expresión cromática, facendo da forma e da cor os eixes centrais da expresión artística.

É obra dun artista principiante e amador que comparte coa veciñanza a súa paixón pola pintura.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *