FoliAgra 2026
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 26 Maio, 2026
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Banda Municipal da Coruña, Cántigas da Terra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Escola Municipal de Música, Música tradicional
A FoliAgra, a festa do barrio da Agra do Orzán, ofrece un programa variado de espectáculos ao longo do mes de xuño.
PRIMEIRA SEMANA
O xoves 4 de xuño (adiada para 15 de xuño ás 19 h): Galgo Azul inaugura a FoliAgra das letras
O sábado 6 de xuño:
– Ruada de Herba Grileira dende a Praza das Cunchiñas ás 11:30 h
– Concerto da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia no auditorio do Centro Ágora ás 18 h. Como todas as actividades de “Agra no Ágora” este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

– Cantos de taberna das 19:30 h ás 22:30 h catro grupos (Cantareiros do Naval; Parabéns; Tradivivas Agra; Vento Mareiro) actuarán en varios locais do barrio (Bar O Chipirón; Bar Órdenes; Bar Vecino; cafetaría Bendito Café)
O domingo 7 de xuño:
– Ruada de Folliñas de Oleiros, dende a Praza das Cunchiñas ás 11:30 h
SEGUNDA SEMANA
RUADAS das 11:30 h ás 14 h dende a Praza das Cunchiñas
- sábado 13: Santaia
- domingo 14: Ancoradoira
MICROCONCERTOS da Escola Municipal de Música – sábado 13 de xuño
- 18:00-18:15 h, rúa Barcelona 73-77: Grupo de Dubi Baamonde (banda de gaitas -música tradicional-) ruada e guía ao lugar de actuación dos outros grupos
- 18:15-18:45 h, rúa Barcelona 73-75: Grupo de Yelene Acosta (pop-moderno)
- 19:15-19:45 h, praza das Cunchiñas: Grupo de Galina Zavtur Gavrilov (agrupación de acordeóns -música popular e tradicional-)
- 20:00-20:30 h, rúa Barcelona 7: Grupo de Tony González (combo de percusión latina)
FOLIAGRA DAS CRIANZAS: sesións matinais de xogos tradicionais e concerto para o alumnado do CEIP do CEIP Raquel Camacho: o venres 12 “Xogos XXL” de Anacos
FOLIAGRA DAS LETRAS da Libraría Galgo Azul
- Martes 9 de xuño ás 18 h: Carapuchiña Vermella, espectáculo da compañía Pedras de Cartón. Actividade de balde para familias, con entrada previa en https://entradium.com/gl/organizers/galgo-azul-espazo-cultura
- Xoves 11 de xuño ás 19 h: Bingo literario! Da man da poeta Lucía Aldao, un encontro para xogar, cantar bingo e gañar libros. Actividade de balde para público mozo e adulto, con entrada previa en www.entradium.com
- Sábado 13 de xuño ás 19 h: Galicia dende a novela histórica Conversa entre autora/es Carmen Blanco Sanjurjo (Gorrións e falcóns) e Rodrigo Costoya (O século do milagre e Fillos de Gael) e Juan Tranche (Innocentia). Actividade de balde para público mozo e adulto, sen inscrición previa
TERCEIRA SEMANA
RUADAS das 11:30 h ás 14 h dende a Praza das Cunchiñas
- sábado 20: Cántigas da Terra
- domingo 21: Orballo
CANTOS DE TABERNA
O sábado 20: Das 19:30 h ás 22:30 h catro grupos (Dorneda Tabernas; Os Pantoxos; Reviravolta; Tombalobos) actuarán en varios locais do barrio (Adega Cacabelos; Cafetaría De Juanes; Cafetaría D’ylons; Cafetaría O Antoxo)
FOLIAGRA DAS CRIANZAS: sesións matinais de xogos tradicionais e concerto para o alumnado do CEIP María Barbeito e Cerviño e do CEIP Raquel Camacho
O luns 15 xuño “Xogos XXL” de Anaco no C.E.I.P. Raquel Camacho
“Consertasso na Horta” de Brais das Hortas
- martes 16: C.E.I.P. María Barbeito e Cerviño
- mércores 17: C.E.I.P. Raquel Camacho
FOLIAGRA DAS LETRAS da Libraría Galgo Azul
O luns 15 de xuño ás 19 h: Galgo Azul organiza unha andaina polo barrio para público adulto, con lecturas de poesía galega e peche, na libraría Galgo Azul, con viños e petiscos do país. Actividade de balde, con entrada previa en https://entradium.com/gl/organizers/galgo-azul-espazo-cultur
O martes 16 de xuño ás 18 h: Pequebingo literario, unha proposta para familias onde xogar, cantar bingo e gañar libros son o mellor premio. Actividade de balde para familias, con entrada previa en https://entradium.com/gl/organizers/galgo-azul-espazo-cultura
CUARTA SEMANA
RUADA do grupo Tradivivas Agra o sábado 27 de xuño, das 11:30 h ás 14 h dende a Praza das Cunchiñas
CONCERTOS e Premios Amelia Gómez Arcas
O domingo 28 de xuño no auditorio do Centro Ágora
- a partir das 12 h: Banda Municipal da Coruña
- ás 19:30 h: entrega dos Premios Amelia Gómez Arcas e concerto Cando o fado soa libre de Cristina Branco e grupo

0 Comments