Festival Talento da Coruña 2026

Festival Talento da Coruña 2026

Festival Talento da Coruña 2026

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 14 Marzo, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, teatro

O domingo 29 de marzo, o programa Agra no Ágora convídanos ao Festival Talento da Coruña, que este ano ofrecerá un sketch (As aparencias enganan), un monólogo (Verdades involuntarias), unha peza de microteatro (55 metros cadrados) e unha actuación musical do grupo Belfluters.

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, este festival é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Eis unha nota sobre cada unha das catro intervencións:

As aparencias enganan

Sketch cómico formado por dúas pezas relacionadas entre si, “Queimando prexuízos” e “Choiazo no mercado”.

Queimando prexuízos

Carme e Xabier atópanse nunha parada de autobús. A conversa comeza cando Carme lle pide un chisqueiro. Isto provoca unha confusión en Xabier. Será que Carme só se fixa nas aparencias?

Choiazo no mercado

Carme e Xabier volven a se atopar, mais agora na visita a un piso que Xabier quere alugar. Será o piso dos seus soños?

Dirixe: Javi Tink

Elenco: Javi Tink, Lexi Fraga e Pedro Fernández

Escenografía: Juan Arias e Javi Tink

Verdades involuntarias

Laura Prego presenta un monólogo cómico cheo de humor, contradicións e verdades involuntarias. A través da súa ollada afiada sobre a vida cotiá, medias verdades e conclusións dubidosas o público decatarase de que a lóxica ten días libres ao se recoñecer nunha cadea de pensamentos tan absurdos como familiares. Un espectáculo no que o humor nace do real, da ironía e dunha cantidade preocupante de entusiasmo.

Elenco e dirección: Laura Prego

55 metros cadrados

Peza de microteatro. Iria, Uxío e Roi conviven nun caótico piso de 55 metros cadrados, onde o absurdo e o desastre diario son o pan de cada día.

Dirixe: Javi Tink

Elenco: Lexi Fraga, Javi Tink e Pedro Fernández

Escenografía: Javi Tink

Actuación musical do grupo Belfluters

Cuarteto de música tradicional e celta que fusiona as raíces galegas con sons ancestrais do Atlántico. A través de diferentes instrumentos, o grupo ofrece unha viaxe sonora que conecta a emoción da terra coa enerxía da festa, recuperando melodías populares e reinterpretándoas cun espírito contemporáneo e cheo de vida.

A quen vai dirixido: para público en xeral

Cando: 29/03/2026

Horario: 19:30 h

Duración: 75 minutos

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *