Festival “Por amor á palabra” 2022

Festival “Por amor á palabra” 2022

Festival “Por amor á palabra” 2022

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 13 Decembro, 2022
  • 0 Comments
  • agra do orzán, Agra no Ágora, Pablo Díaz, Por amor á palabra

Concerto de Pablo Díaz e banda “Coas miñas mans”: Coas miñas mans podo debuxar, contar, sentir… Música para aprender os números, as cores, as comidas? e tamén para cantarlle á lúa, á primavera? Cancións divertidas para medrar con alegría!

Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: “As mans”, “Os números”, “As vogais”, “Figuriñas de papel”, “As cores”, “Os 5 sentidos”…

Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos e ata a festa popular do San Froilán.

A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular.

A quen vai dirixido: Para público en xeral, a partir de 3 anos.

Cando: Xoves 15/12/2022

Horario: 18:00 h

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *