Festival Pola Paz e contra as guerras
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 22 Setembro, 2023
- 0 Comments
- agra do orzán, Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, circo, Guadi Galego, Isabel Risco, Mago Teto, Nabiza Girl, Pallasos en Rebeldía, Sue Moreno, teatro
Estreamos este novo festival de artes escénicas (música, teatro, maxia-ilusionismo, circo, danza-acrobacia) do programa Agra no Ágora. A actriz Diana Sieiro presentará Guadi Galego, Isabel Risco, MAGO TETO, a trapecista Sue Moreno e vídeos de Pallasos en Rebeldía 🎪
…e uns pobos quixeron ter o dos outros, e desexaron ser máis poderosos que os outros, e entenderon que debían construír ferramentas para eliminar a todos os que non pensaran como eles ou non aceptaran o que eles querían. Chamáronas ARMAS. E foi o momento que apareceu a propiedade privada que xerou múltiples enfrontamentos, que deron en chamar GUERRAS…
E aquí estamos hoxe a decidir se queremos ser parte da humanidade ou da inhumanidade.
De que lado estás ti?
📍Domingo 01/10/2023 ás 19:30 h. no Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. (Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña)
Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta. Non fai falla reserva ningunha. Non é precisa reserva, só cómpre chegar con antelación abonda.
0 Comments