Pola paz e contra as guerras: festival de artes escénicas e circenses para reivindicar o dereito a vivir en paz
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 28 Xaneiro, 2026
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Inda Pereda, Isa Risco, Iván Prado, Marta Sempre Arriba, Mercedes Peón, Pallasos en Rebeldía, Rendos Pequeno
En sábado 31 de xaneiro ás 19:30 h no auditorio do Centro Ágora
A risa como acto de resistencia. A cultura como linguaxe universal. A paz como necesidade urxente.
Pallasos en Rebeldía presenta un encontro único no que o humor, a música e a palabra se xuntan para defender a dignidade, a xustiza e os dereitos humanos. No escenario estarán artistas imprescindibles da escena galega e estatal:
Marta Sempre Arriba
Unha xornada para rir, emocionarse e posicionarse. Unha celebración colectiva da cultura comprometida, da tenrura combativa e da solidariedade internacional.
Porque fronte á violencia e ao silencio, escollemos cultura, risa e paz.
Como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

0 Comments