Festival A fonética dos corpos 2022
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 13 Outubro, 2022
- 0 Comments
- A señora de Forcadela, Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Memoria democrática, Os Quinquilláns, Quercus robur, teatro interxeracional
QUERCUS ROBUR
Participantes na actividade “Teatro interxeracional”, da asociación veciñal Agra, representan a peza Quercus robur.
SINOPSE: tanto quercus como robur eran os nomes romanos dados aos carballos en xeral e á súa madeira; robur tamén facía alusión á fortaleza e perseverancia de ánimo. Que sucedería se tres individuos saen da súa carballeira para meterse nun competitivo bosque de asfalto?
REPARTO: Javi Tink, Flor Del Pópolo e Pepe Rodríguez
AUTORÍA: Flor Del Pópolo e Javi Tink
ESCENOGRAFÍA: Rosalía Bello Cao
A SEÑORA DE FORCADELA
SINOPSE: Josefa García Segret, muller represaliada, autora do texto autobiográfico Abajo las dictaduras, non pode resignarse ao esquecemento e trae a escena a súa memoria e o seu desexo de facer xustiza. Como ela mesma di, débello á súa vida destruída e a todas as persoas que loitaron pola liberdade.
REFERENTE HISTÓRICO: Baseado na biografía de Josefa García Segret (Tui, 1900 – Oleiros, 1986), mestra que en 1936 estaba destinada na aldea de Forcadela, concello de Tui. Por militar nun partido democrático de esquerdas e non practicar a relixión católica sufriu todo tipo de represións; persecución, cárcere, abusos, pena de morte. Librou da condena grazas á implicación solidaria do médico e xornalista Darío Álvarez Blázquez. A partir do relato dos feitos de Josefa e Darío, Os Quinquilláns crearon A señora de Forcadela, un espéctáculo teatral didáctico promovido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para o catálogo ‘O Pasado Por Vir’, para reivindicar a Memoria Histórica cunha perspectiva de xénero.
TIPO DE PÚBLICO: A partir dos 12 anos e persoas adultas en xeral
ELENCO: Lucho Penabade, Tero Rodríguez
TÉCNICO LUZ E SON: Bandín Audio
VESTIARIO: Beti Busto
ESCENOGRAFÍA e ATREZZO: Os Quinquilláns
ESPAZO SONORO: Orjais
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
20/10/2022
Horario:
20.00 h
* Ás 19:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos. Ás 20 h. pecharase o acceso.
Duración:
- Quercus robur: 30 minutos
- A señora de Forcadela: 50 minutos
Enderezo:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo:
de balde
Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments