Ferrados de Letras 2026

Ferrados de Letras 2026

Ferrados de Letras 2026

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 25 Maio, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Gosto de vivir a poesía, Música tradicional

Outro ano máis vai estar no Ágora unha pequena mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vimos facendo na Asociación Veciñal Agra. Traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar cando queira.

Seguindo o modelo de espectáculo que experimentamos o ano pasado, únicamente colectivos relacionados coa Asociación van ter presenza no Festival. Falamos do grupo musical Parabéns, que van partillar con nós o seu xeito de entender a nosa música. Con eles teremos gaiteiros, pandeireteiras, cantadoras e cantadores, recitadoras… unha morea de amigas e amigos que entenden que espallar a nosa cultura e facela medrar é unha obriga que temos como habitantes orgullosos desta terra.

Un ano máis Xoán Andrade cedeunos a caricatura de Begoña Caamaño para ilustrarmos a cartelaría do festival Ferrados de Letras.

Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: público xeral

Cando: venres 29/05/2025 ás 20 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *