Ferrados de Letras 2024

Ferrados de Letras 2024

Ferrados de Letras 2024

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 23 Maio, 2024
  • 0 Comments
  • AELG, Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Gosto de vivir a poesía, Luísa Villalta, Música tradicional, Xoán Andrade

O festival de música e poesía para celebrarmos as Letras Galegas e, neste ano, homenaxear Luísa Villalta.

Ofreceremos unha mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vén facendo a Asociación veciñal Agra; traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar en calquera momento.

Nesta edición homenaxeamos Luísa Villalta. Beatriz Maceda Abeleira, en representación da Asociación Escritoras-es Lingua Galega – AELG, introducirá o acto falándonos de Luísa Villalta, e participantes do club de lectura “Gosto de vivir a poesía” lerán unha escolma de poemas.

Participan tamén gaiteiros, pandeireteiras, cantadoras e cantadores, bailadores e bailadoras, recitadoras… a unha morea de amigas e amigos que entenden que espallar a nosa cultura e facela medrar é unha obriga que temos como habitantes orgullosos desta terra.

Un ano máis, tamén o grupo Parabéns partillará con nós o seu xeito de entender a nosa música.

Agasallaremos ao público asistente un tríptico cun poema de Luísa Villalta e tres cantigas.

Este festival, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Agradecémoslle a Xoán Andrade que nos cedese a caricatura de Luísa Villalta coa que ilustramos o cartaz.

Cando: xoves, 23 de maio, ás 20:15 h

Onde: no auditorio do Centro Ágora

Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *