Ferrados de Letras 2022

Ferrados de Letras 2022

Ferrados de Letras 2022

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 23 Maio, 2022
  • 0 Comments
  • Antía Ameixeiras, Asociación Veciñal Agra, Caamaño&Ameixeiras, Ferrados de Letras, Gosto de vivir a poesía, Parabéns, Sabela Caamaño

Un ano máis carrexamos ferrados de letras no barrio da Agra e celebrámolo lendo poesía e gozando coa música, mesmo bailamos, cantamos e riscamos a pandeireta.

O festival Ferrados de Letras de 26 de maio de 2022 ofrece actuacións de participantes nas actividades de baile, canto e recitados da Asociación veciñal Agra e dos grupos musicais Parabéns e Caamaño&Ameixeiras.

Parabéns

Este grupo naceu hai algo máis dez anos pola necesidade de cantar na nosa língua, recollendo temas populares e achegando algúns propios. Actualmente forman parte de Parabéns: Pepe Campos, Erea Estévez, Abel Rodríguez, Luís Sixto, Iñaki Tomás e Pablo,Suso e Rafa Seixo.

Caamaño&Ameixeiras

É un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.

Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo reconocido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.

Este traballo foi recoñecido recentemente co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, así como co 1º Premio no Folkez Blai 2021, celebrado en Ermua (Euskadi).

O dúo, que reivindica o papel da muller como artista e creadora, entende a tradición como algo vivo, en constante cambio, e por tanto como un punto de arranque, e non de chegada. A partir deste substrato, Caamaño&Ameixeiras crea a súa propia linguaxe, con composicións persoais e íntimas que manteñen a esencia de onte pero incorporan a forma de hoxe. A esencia do popular levada a linguaxes e recursos contemporáneos.

Regalaremos marcapáxinas, ata esgotar existencias, con poemas de Florencio Delgado e outras autoras e autores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2022

Horario:

20.00 h

* Ás 19:30 h. abrirá a porta

Duración:

2 horas

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, a entrade é de balde. Non fai falla reserva ningunha; as butacas ocúpanse por orde de chegada, ata completar a capacidade.

Organizadora:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto:

agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *