
Ferrados de Letras 2021
- Posted by agra1
- On 25 Maio, 2021
- 0 Comments
- AELG, agra do orzán, Asociación Veciñal Agra, Barrio, Centro sociocultural Ágora, Ferrados de Letras, Furtiva, Letras galegas, Maraxe, Música tradicional, Poesía, Tanto Nos Ten, Xela Arias
O xoves 27 de maio no auditorio do Centro sociocultural Ágora celebraremos os “Ferrados de Letras”, coa colaboración da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) e co financiamento do Concello da Coruña.
O espectáculo inclúe:
• Recital de poemas de Xela Arias, nas voces de Beatriz Maceda Abeleira (vogal da AELG na Coruña e membro da plataforma de crítica literaria A Sega) e colectivo veciñal da Agra “Gosto de vivir a poesía“
• Actuacións musicais dos grupos “Maraxe” e “Tanto Nos Ten“
Cómpre chegar con antelación para acomodármonos seguindo as medidas preventivas sanitarias, que limitan o aforo a 90 prazas, que o persoal do Centro Ágora asignará por orde de chegada.
Duración: 110 minutos
Enderezo: auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde ate completar aforo (limitado a 90 persoas)
REQUISITOS
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da cadeira asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Levar o seu propio bolígrafo para asinar na listaxe de público asistente necesaria para o labor de rastrexo contra a COVID-19.
• Informar na entrada ao persoal acomodador das dificultades auditivas, visuais ou de mobilidade para que procuren o asento máis axeitado.
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
0 Comments