Duplo concerto no festival Pétalos de igualdade 2023

Duplo concerto no festival Pétalos de igualdade 2023

Duplo concerto no festival Pétalos de igualdade 2023

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 15 Xullo, 2023
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora

O grupo Cantometrics e o dúo Barahúnda ofrécennos un duplo concerto para a nova edición do festival Pétalos de igualdade. Flor de vida.

Barahúnda

Helena de Alfonso (voz e composicións) e José Lara Gruñeiro (guitarras e composicións) son os dous músicos que dirixen o proxecto Barahúnda, eventualmente acompañados doutros músicos (próximamente coa Banda Escola De Música de Rianxo…)

Barahúnda fundáronna en 1998 en Madrid, cidade da que son orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo persoal, elegante, orixinal e conmovedor.

Desde 2010 residen en Galicia onde gravaron os seus últimos traballos e onde desenvolven a súa carreira actualmente. Neste ano celebran os seus 25 anos nos escenarios conxugando arte e oficio, divulgación e beleza…

Cantometrics

Cantometrics é unha banda  formada por cinco músicas galegas de ampla traxectoria musical en diferentes estilos, que abranguen dende a música clásica e académica até a tradicional, pasando polo pop, o folk ou a música electrónica. Marina Vigo (gaita), Luís Bolón (zanfona e percusións), Sandra Pérez (láminas e percusións), Nébeda Piñeiro (voz) e Iago Camaño (acordeón), compaxinando a súa actividade artística en grupos como Sondeseu, Néboa ou Os Melidaos, integran este proxecto que toma como base o arquivo sonoro de Alan Lomax.

O repertorio do grupo articúlase en torno a dúas ideas: a vixencia das músicas de raíz a partir da súa actualización, e a transversalidade do repertorio galego mostrando as súas conexión con músicas aparentemente afastadas, tanto cultural como xeograficamente. Mostra desta mestura aparece no directo, onde conviven pescadores calabreses con canteiros galegos e arrieiros de Ribadavia con sevillanas de Huelva, facendo parada nos arrolos do Caribe.

Este duplo concerto, como toda a programación Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta.

Duración: 90 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 27/07/2023 ás 20:15 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *