
Dúas exposicións: “A pegada ecolóxica” e “10 motivos para andar en bici”
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 2 Febreiro, 2025
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, bicicleta, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Oficina de Medio Ambiente, Oficina de sustentabilidade, pegada ecolóxica, saúde, Universidade da Coruña
O estado de emerxencia climática impulsa a inclusión de varias exposicións incluídas no programa Agra no Ágora. Son mostras que nos axudan a ver en que medida podemos actuar individual e colectivamente a frear a destrución do medio ambiente mudando certos hábitos cotiáns.
Serán catro as exposicións cedidas pola UDC para o programa Agra no Ágora:
Na primeira quincena de febreiro:
Na primeira quincena de maio:
A exposición A pegada ecolóxica (pdf) foi elaborada pola Universidade da Coruña (UDC), a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG).
A pegada ecolóxica (PE) pode considerarse como un indicador forte de sustentabilidade, entendido o desenvolvemento sustentábel como aquel capaz de satisfacer as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas propias (Informe Bruntland, 1.987).
O cálculo da PE consiste en determinar a cantidade de terreo produtivo necesario (hectáreas, ha) para obter os bens consumidos e para absorber os residuos xerados por unha determinada poboación. Pode expresarse en hectáreas per cápita como o cociente entre a superficie produtiva necesaria e a poboación. O seu cálculo pode realizarse colectivamente, para un país, territorio, institución, etc., e tamén para cada persoa a nivel individual.
A pegada ecolóxica individual ven determinada polo modo en que satisfacemos as nosas necesidades, polo noso estilo de vida.
Sermos conscientes das actividades diarias que implican maior ou menor impacto é clave para podermos actuar en consecuencia.
A Calculadora da pegada ecolóxica é unha das ferramentas Oficina de Medio Ambiente-Emapic, que, con finalidade didáctica, permiten por unha banda, o cálculo de diferentes compoñentes da nosa pegada ecolóxica, e por outra, coñecer consellos para a súa redución e camiñar cara un desenvolvemento máis sustentábel. Estas calculadoras poden ser empregadas por calquera persoa de forma individual. Son autoexplicativas e sinxelas de utilizar. Podes premer nesta ligazón para empezar o cálculo da túa PE A información que requiren é a relativa aos hábitos de compra e separación de residuos, facturas e outros datos de uso da enerxía, e desprazamentos realizados e o medio de transporte empregado.
O panel 10 motivos para andar en bici mostra brevemente 10 beneficios de andar en bicicleta para animarnos a desprazármonos en bicicleta e comprobar os beneficios para a saúde e o ambiente.
Estas exposicións, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
A quen vai dirixido: para público en xeral
Cando: 01-15/02/2025
Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal
0 Comments