Concerto “Uxía e Celina, irmás de raíz” no festival Sons do Estío
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 14 Xuño, 2025
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Música tradicional
A cantante galega Uxía Senlle reúnese en concerto coa acordeonista, cantora e compositora portuguesa Celina da Piedade. Xuntas farán un percorrido polo seu repertorio achegando aquelas pezas máis representativas da música de cada unha delas. Tamén participarán Bleuenn Le Friec (arpa) e a cantora Kátya Teixeira, como convidada especial. Todas convidarán o público para cantar con elas e facer unha festa.
Uxía Senlle naceu en Sanguiñeda (Mos). Está considerada unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Celebramos os seus prolíficos e fructíferos 40 anos na música de carreira artística, en que renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Dende a súa estrea con *Foliada de marzo* en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das súas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bissau, como João Afonso, Dulce Pontes, Rui Veloso ou Tito Paris. Publicou 12 discos polos que recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio ao Mellor Álbum de Música de Raíz nos Premios de la Música Independente de España por *Meu canto*, seleccionado tamén como *Top of the World* pola revista británica *Songlines*. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía *Cantos na maré*. Sempre comprometida socialmente, foi voceira da plataforma cidadá *Nunca máis* durante a catástrofe do Prestige no ano 2002, e cantou nos campamentos de refuxiados saharauís en Tinduf en varias ocasións.
Celina da Piedade, nada en Lisboa, é acordeonista, cantora, e compositora. Ten tres álbumes en solitario, Em casa (2012), O cante das ervas (2014), Sol (2016) e Ao vivo na Casinha (2021). Comezou a estudar música con cinco anos e pouco despois xa actuaba en público. Estudou no Conservatório de Setúbal, licenciouse en Patrimonio Cultural e posgraduouse en Estudos de Música Popular. Colabora desde o 98 coa Associação PédeXumbo, da que é presidenta honoraria (con ela editou o libro Caderno de danças do Alentejo). No ano 2000 integrou o Cinema Ensemble de Rodrigo Leão, e tamén compartiu escenario con figuras do prestixio de Mayra Andrade, Uxía Senlle, Ludovico Einaudi, Gaiteiros de Lisboa, António Chainho, Samuel Úria… Foi membro fundador do grupo Uxu Kalhus, tocando coa banda entre 2000 e 2010 e gravando dous discos de orixinais. Integrou o grupo humorístico e musical Homens da Luta cpm qie participou por vez primeira no Festival RTP da Canção de 2011 e gañou co tema A Luta É Alegria. Celina da Piedade é unha das personalidades esenciais á hora de achegar a tradición portuguesa ás músicas do mundo.
Colaborou com nomes como Mayra Andrade (com quem tocou e para quem compôs “Mon Carroussel”), Né Ladeiras, Ludovico Einaudi, Kepa Junkera, Amor Electro, Gaiteiros de Lisboa, Úxia, António Chainho, Samuel Úria, Viviane, Gaiteiros de Lisboa, entre muitos outros. [1][3][4]
Participou como artista e compositora em mais de 50 edições discográficas, para além de bandas sonoras para cinema, teatro e dança.
A bretoa Bleuenn Le Friec comparte o seu tempo entre e a interpretación e a docencia. Toca regularmente como arpista invitada con diversas orquestras (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Gran Teatre del Liceu, Orquesta Nacional de España, Ensemble Intercontemporain, …) e en diferentes agrupacións camerísticas. Tamén colabora con diversos músicos do panorama da música galega como Zumaque (con Pablo Pascual), Uxía Senlle, Xoán Curiel, Faia Díaz ou Carlos Núñez.
Kátya Teixeira, convidada especial para este concerto, é cantora, instrumentista e compositora brasileira é, sobre todo, unha investigadora, unha pesquisadora incansable da cultura popular brasileira, una pescuda que queda plasmada inequivocamente nos seus traballos musicais. O respecto aos saberes e sonoridades dos mestres populares e das manifestacións auténticas do Brasil son o referente que Kátya imprime nas súas músicas. Das súas andanzas polo Brasil rescata saberes e sonoridades que incorpora a súa musicalidade, dende o respecto aos mestres populares e as manifestacións culturais do Brasil. Conta 8 CDs gravados, 6 sinxelos e innúmeras participacións en CDs, sinxelos e espectáculos de recoñecidos artistas da Música Popular Brasileira, Kátya Teixeira tivo os seus CDs nomeados ao Premio da Música Brasileira, finalista no Premio de Profesionais da Música na categoría Artista – Raíz e Trofeo Catavento 2012 e 2016 por Solano Ribeiro – Rádio Cultura/SP, Premio Inezita Barroso 2025 pola Cidade de São Paulo. Asina varios proxectos culturais.
Este concerto, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
A quen vai dirixido: público xeral
Cando: domingo 29/06/2025 ás 19:30 h.
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.
• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal

0 Comments