Concerto de MJ Pérez e CRUA, no festival Pétalos de Igualdade. Flor de vida

Concerto de MJ Pérez e CRUA, no festival Pétalos de Igualdade. Flor de vida

Concerto de MJ Pérez e CRUA, no festival Pétalos de Igualdade. Flor de vida

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 27 Xullo, 2025
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña, Música tradicional

A cantautora MJ Pérez e o grupo portugués CRUA unen voces nun concerto especial. Será a xuntanza destes dous proxectos que nos deleitarán co mellor do seu repertorio e que interpretarán ao vivo o seu tema en colaboración “Ora aperta, amor”.

CRUA

O repertorio tradicional ibérico é o punto de partida para o concerto e o encontro afectivo con estas seis mulleres, urbanas – do seu tempo. O adufe, curmán do pandeiro, elemento sacro que guía a exploración rítmica e vocal, non está só: bombo, cribos, pandeiretas, cunchas, timbalón e outras percusións tradicionais crean o conxunto base. As cancións, na súa maioría do repertorio tradicional, son o punto de partida para reflexións transversais ao tempo – afecto, coidado, traballo.

 Voces próximas ao primal que vos convidan a estar, a escoitar e a sentir, nun cruzamento de tempos [pasado e presente] e de xeografías [rural e urbano].

MJ PÉREZ

MJ Pérez é unha cantora galaicoportuguesa que conta xa con máis de 10 anos de carreira actuando en palcos de Galiza e Portugal. Cun repertorio que resume algúns dos temas máis importantes deste percurso, sumado algúns temas novos, MJ presenta unha viaxe que fusiona a canción de autor con ritmos latinos, o pop-rock ou as músicas do mundo.

Todo coa súa particular voz, e unhas letras cargadas de mensaxe, no xeito de narrar e transmitir de MJ acompañada e rodeada da súa banda.

Este concerto, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: público xeral

Cando: sábado 26/07/2025 ás 19:30 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *