Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria

Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria

Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 27 Novembro, 2022
  • 0 Comments
  • antifascismo, Carlos Parrado, Curuxás, guerrilla, Melide, Memoria democrática

Homenaxe a Carlos Parrado

Este xoves proxectaremos o vídeo “Compañeiro Carlos Parrado, sempre na nosa memoria” editado pola Fundación Eira da Xoana.

Cando vai facer un ano do seu falecemento, cómprenos expresar a honra e gratitude por termos compartido labores de compromiso coa xustiza social e co país, tamén momentos de lecer e amizade, e por ter gozado co seu xeito de contar a historia ou de botar uns contos.
Carlos Parrado investigou o movemento guerrilleiro e a resistencia civil á Ditadura; escribiu “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”.
Inspirou e coordinou actividades da Asociación veciñal Agra do Orzán relacionadas coa memoria democrática.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *