Como se fai a pandeireta que precisas?
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 31 Maio, 2025
- 0 Comments
- Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña, Facendo país, Música tradicional
Palestra do programa Facendo País, impartida por Regos Pandeiretas, no último venres do mes, 27 de xuño, ás 20:15 h no local veciñal.
Duns anos para acó somos testemuñas do incremento de grupos e colectivos que andan a facer música tradicional. Isto serviu tamén para xurdiran novos obradoiros de instrumentos musicais en xeral, e de pandeiretas en particular. Tal é o caso de Rafael Regos Martínez, principal responsábel de Regos Pandeiretas. Este obradoiro ten medrado moitísimo nos dous últimos anos e hoxe son moitas as pandeiretas de Regos que andan a se deixar ouvir polos escenarios de todo o país. Tamén soan na nosa asociación, pois son moitas as nosas pandeireteiras que as acariñan, petan e fan vibrar para cantarmos, bailar e facer festa onde nos preste.
A entrada é libre e de balde.

0 Comments