
Coa luz negada
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 13 Marzo, 2022
- 0 Comments
- agra do orzán, Coa luz negada, Gosto de vivir a poesía, Mercedes Queixas, Natasha San Vicente, Poesía, Ricardo Seixo, violencia de xénero, violencia machista

O xoves 24 de marzo ás 19:30 h. na Biblioteca da Deputación da Coruña (rúa Rego de Auga 37, A Coruña), Ricardo Seixo presenta o seu poemario “Coa luz negada”, editado pola nosa asociación con axuda da Deputación da Coruña.
Na presentación, contaremos coa presenza de Xurxo Couto, deputado provincial de Cultura, Mercedes Queixas Zas, autora do limiar, Natasha San Vicente Pellicer, autora das fotografías que ilustran este libro, cunha actuación musical do grupo Maraxe. Ademais, haberá un recital poético a cargo do grupo “Gosto de vivir a poesía” da asociación veciñal Agra.
Convidámoste tamén a participar da súa lectura ou interpretación na canle YouTube da asociación (https://youtu.be/IxMPk10e6wk) inaugurada en 2020 co gallo da campaña “De fronte á violencia de xénero” promovida pola Deputación da Coruña (https://defronte.gal/), con vídeo-poemas editados por Manuel Graña.
A entrada é gratuíta e libre ata encher a capacidade.
0 Comments