Chegan os Ferrados de Letras 2020 a Agra do Orzán

Chegan os Ferrados de Letras 2020 a Agra do Orzán

  • Posted by Gzcultura
  • On 15 Outubro, 2020
  • 0 Comments

Comprácenos informar de que este ano celebraremos Ferrados de Letras 2020 en dúas sesións que comezan ás 19 h. no auditorio do Centro Cultural Ágora:

· Venres 16 deoutubro: recital poético veciñal, presentación da banda deseñada “Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra” e actuación musical de César Morán.

· Martes 20 deoutubro: recital poético veciñal, presentación de dous libros de Aurora Marco: “Irmandiñas”e “Foula e ronsel: os anos que marcarona biografía de Carvalho Calero (1910-1941)” e actuación do grupo Barahúnda.

Recomendamos chegar con antelación: ás 18:30 h. abrirase a porta do acceso posterior, dende a zona axardinada, do Centro Cultural Ágora.

Cartaz dos eventos

Malia todas as restricións sanitarias, satisfainos dar continuidade a un evento que levamos seis anos desenvolvendo neste auditorio, coa colaboración do Concello da Coruña e o bon facer do persoal do Centro Cultural Ágoras. Adoitamos celebralas ao longo do ano con múltiples actividades,un labor anual que dá para encher ferrados de letras; mais por mor da COVID-19, en 2020 non puidemos sementar e ficamos sen a colleita da primavera. Por iso, tal e como fixo a Real Academia Galega de Belas Artes, que prorrogou a 2021 as celebracións dedicadas ao arquitecto Domingo de Andrade, moitas asociacións prorrogaremos a 2021 os actos de homenaxe e divulgación da obra de Ricardo Carvalho Calero.

Por mor das medidas preventivas contra a COVID-19, tivemos que mudar un chisco o formato que viñamos desenvolvendo en anos anteriores, pois non poderán participar no escenario colectivos tan numerosos como os de canto e baile; mantemos a participación do colectivo de recitados, da actividade “Gosto de vivir a poesía” e actuacións musicais. Este ano incluímos a presentación de libros.

Os Ferrados de Letras de 2020 son un petisco e agardamos poder desenvolver en 2021 as viaxes culturais, exposicións, concertos e palestras coas que achegármonos á multifacética figura de Carvalho Calero.

 3

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *