Charla informativa: Como vivir a vellez hoxe
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 25 Marzo, 2022
- 0 Comments
- ansiedade, medicina, ProCC, procesos correctores comunitarios, vellez
A médica Regina Basadre ofrece unha charla informativa e gratuíta sobre o “Taller: Como vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer”, unha actividade dirixida a persoas maiores de 65 anos, que será supervisada polo Centro Marie Langer, especializado en intervención comunitaria, para atender as necesidades da poboación, promovendo unha ollada crítica constante sobre o modo de vida, e favorecendo o desenvolvemento do protagonismo persoal-social e a acción participativa para a resolución os conflitos da vida cotiá.
Na realidade actual hexemónica artéllanse recursos para aumentar a expectativa de vida, mais os corpos fanse depositarios da precarización, non hai actividade posible, no os deixan ser activos nunha función social ou cárganos de pesos familiares. A ilusión decae e motiva depresións.
Regina Basadre propón pensarmos xuntas/os alternativas para afrontarmos os sentimentos que expresan calquera destas frases:
“Desde que me xubilei todo cambiou“
“Parece que se es vella/o xa non vales“
“Non quero que decidan por min“
“Se non fora pola miña muller…“
“Na casa sinto que son un estorbo“
“De coidar nunca te xubilas“
“Non paro de facer cousas“
“Parece que temos que matar o tempo“
A charla informativa será o martes 29 de marzo ás 19:30 h. no local veciñal.
Aínda que a charla é gratuíta, as prazas son limitadas e precisa reserva de praza: pode inscribirse no local (rúa Entrepenas 38, de luns a venres, das 18 ás 20 h.), correo electrónico (agra@galizacultura.gal) ou por teléfono: 981261044 e 60403133 (tamén por telegram e whatsapp), indicando nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.
Se o público asistente á charla o acorda, farase un obradoiro de dez sesións (dúas horas semanais) para un grupo mínimo de 15 persoas e un máximo de 25.
0 Comments