Castelao a través de Memorias dun esquelete. Un ollo de vidro

Castelao a través de Memorias dun esquelete. Un ollo de vidro

Castelao a través de Memorias dun esquelete. Un ollo de vidro

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 1 Outubro, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Memoria democrática

Conferencia de actualidade de María Pilar García Negro

A Federación Galiza Cultura, da que fai parte a Asociación veciñal Agra, organiza arredor da festa de Defuntos, xornadas de lectura colectiva do relato “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, escrito por  Castelao e publicado publicada na colección Céltiga, en 1922; a vixencia deste orixinalísimo relato motiva que ano tras ano se sumen máis asociacións á convocatoria. De feito, o programa Agra no Ágora deste ano convídanos o sábado 31 de outubro a representación músico-teatral que farán as asociacións Solfa e O Galo, dirixidas por Lucho Penabade. A conferencia de María Pilar García Negro contribuirá a contextualizar esta obra.

María Pilar García Negro é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Publicou a sección “O idioma” no semanario A Nosa Terra. interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Castelao, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo,  Pilar Pallarés…

Da súa extensa e potente obra ensaística, temos de mencionar unha que está directamente con esta conferencia: Arredor de Castelao no século XXI, publicado orixinalmente en 2001 e reeditado para conmemorar o 75º aniversario do falecemento de Castelao, unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX.; nesta obra, fai unha análise profunda e contextualizada do pensamento e legado de Castelao, aborda temas como:

  • A visión política de Castelao sobre a autonomía e soberanía de Galicia.
  • A súa obra artística, con especial foco no seu traballo como debuxante e humorista gráfico.
  • O seu compromiso coa lingua galega e o seu papel na normalización cultural.
  • A vixencia das súas ideas no debate contemporáneo.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura Membro da equipa de redacción da “Declaración Universal de Direitos Lingüísticos” (Barcelona, 1996)…

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública logo dun pleno, celebrado en 2004, no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade. Defende activamente o recoñecemento de Castelao como o primeiro presidente de Galiza. En 2015 e en 2025 defendeu na tribuna parlamentar as proposicións de lei, por iniciativa lexislativa popular, sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación de Castelao polo pobo galego.

SINOPSE DA CONFERENCIA

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete é a obra inaugural do gran Castelao na literatura galega. Este seu debut en libro (1922) é xa froito dunha decidida e decisiva militancia no nacionalismo galego, após o seu ingreso nas Irmandades da Fala e a celebración en Lugo da I Asemblea Nacionalista. Esta obra é reveladora dos dotes artísticos e literarios do autor ao servizo de verdades e evidencias ocultas (por ocultadas) que o ollo de vidro no mundo de alén-cova vai desvendar. Constitúe unha especie de sumario, en miniatura, de toda a súa multiforme obra posterior, estética e política, en simbiose indisociábel.

Esta conferencia, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Duración: 60 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 08/10/2026 ás 19 h

Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *