Cara a unha nova orde mundial. Unha visión desde Galiza
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 25 Maio, 2026
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña
Conferencia de actualidade do economista Rubén Cela
Rubén Cela, licenciado en Economía, especialista en Dereito Tributario e doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Milita no nacionalismo desde os 16 anos. Foi membro fundador, en representación de Galiza Nova, da Free Aliance Europe Youth, organización de ámbito europeo que incorpora organizacións xuvenís de dez estados da Unión Europea. Foi director xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia (2006-2009), o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela, onde se postulou para alcalde nas eleccións municipais de 2011, nas cales foi elixido concelleiro (2011-2019). É membro da Executiva Nacional do BNG e preside a Fundación Galiza Sempre.
Nesta conferencia, Rubén Cela fará unha breve análise da evolución do neoliberalismo ao longo de case un século, así como as chaves interpretativas para comprender o tempo presente: un período particularmente confuso, convulso e volátil, no que conflúen unha revolución tecnolóxica e unha transformación xeopolítica de gran alcance.
Abordará como ambas dinámicas apuntan cara á configuración dunha nova orde mundial máis multipolar e multicéntrica, así como cara a cambios profundos nos modelos de produción e nas relacións sociais e laborais, impulsados polos novos avances tecnolóxicos.
Esta conferencia, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Duración: 60 minutos
A quen vai dirixido: público en xeral
Cando: xoves 28/05/2026 ás 19 h
Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde

0 Comments