Bravas. A nosa historia, con saias e a rachar
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 8 Abril, 2021
- 0 Comments
- agra do orzán, Agra na Ágora, Asociación Veciñal Agra, Bravas, Centro sociocultural Ágora, Galega, Historia, Isa Risco, Muller, teatro
O xoves 15 de abril no auditorio do Centro Ágora celebraremos un ano máis o festival “Con voz de primavera”, en que colaboramos co IES Agra do Orzán e co Concello da Coruña, que, dentro do programa “Agra no Ágora”, financia este ano o espectáculo Bravas.
Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada. Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade. Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade. Bravas fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60, … Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.
Haberá dúas funcións:
- Primeira función: ás 12:35 h, para o alumnado do IES “Agra do Orzán”.
- Segunda función: ás 19:00 h, para o público en xeral. A entrada é de balde sen billete de reserva; as prazas son limitadas e adxudícanse por orde de chegada: ás 18:30 h. abrirá a porta (a porta posterior do centro Ágora, na parte axardinada, a que está entre a biblioteca infantil e o auditorio). Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos; se tiver necesidades especiais (auditivas, visuais, de mobilidade etc.), o/a espectador/a debe informar ao persoal antes de lle ter asignado o asento para lle procurar a localidade máis axeitada. O público deberá seguir as indicacións e o protocolo sanitario; recomendamos que cadaquén leve o seu propio bolígrafo para asinar na listaxe de público asistente necesaria para o labor de rastrexo contra a COVID-19. O aforo estará limitado segundo a normativa vixente.
Duración: 90 minutos
Enderezo: auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde ate completar aforo
REQUISITOS
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da cadeira asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Levar o seu propio bolígrafo para asinar na listaxe de público asistente necesaria para o labor de rastrexo contra a COVID-19.
• Informar na entrada ao persoal acomodador das dificultades auditivas, visuais ou de mobilidade para que procuren o asento máis axeitado.
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
0 Comments