Axudádeme a cantar
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 25 Marzo, 2023
- 0 Comments
- Asociación Veciñal Agra, Consello da Cultura Galega, foliada, literatura oral, Renée DePalma, seráns
Con este verso chámase a facer quendas nas foliadas ou seráns para as cantadoras poder bailar nas foliadas.
Carme López, Reneé DePalma e Xulia Feixoo, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG), dirixiron o documental “Axudádeme a cantar” para pór en valor o canto con percusión que durante anos formou parte da vida cotiá das aldeas e vilas galegas, e explicar as múltiples causas que crebaron a transmisión xeracional desa literatura oral.
Os seis capítulos percorren a historia e o presente deste tipo de literatura oral sostida por mulleres. As protagonistas son as tocadoras tradicionais, as divulgadoras e as artistas modernas que beben da tradición.
Renée DePalma proxectará varios dos seis capítulos do documental e charlaremos con ela sobre pasado, presente e futuro desta nosa cultura oral.
0 Comments