As fugas por mar na Coruña durante a Guerra Civil (1936-1939)

As fugas por mar na Coruña durante a Guerra Civil (1936-1939)

As fugas por mar na Coruña durante a Guerra Civil (1936-1939)

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 26 Xuño, 2021
  • 0 Comments
  • afogados, Asociación Veciñal Agra, Bou Eva, dereito a coñecer a verdade, dereito á investigación, Despertar, Dionisio Pereira, fascismo, fuxidos, Libertaria, Marítimo, Memoria democrática, O Portiño

Na beiramar reinaba a República”, expresa unha das testemuñas que rexistra Dionisio Pereira no seu libro “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)”. A versión da patronal pesqueira coñécese máis. Dionisio opta polo relato dende a perspectiva da clase traballadora.

Até que punto houbo oposición na Galicia costeira ao levantamento fascista? “A represión non ficou sen resposta mesmo nos peores intres do período bélico, no que calquera sinal de resistencia, sobre todo de resistencia organizada, pagábase coa vida”, asegura Pereira.

Segundo os datos que compilou para o devandito libro, houbo fugas por mar no 40 por cento dos portos galegos con máis de 80 persoas que fuxiron ou intentaron fuxir nese tempo. Isto é síntoma do grao de organización dos cadros sindicais e redes sociais; razón que explica tamén a intensa forza represiva que sufriu o sector mariñeiro.

Os cometidos da rede foron: agachar os perseguidos; manter a comunicación mediante enlaces (mulleres e nenos en moitas ocasións); cotizar para manter os fuxidos, comprar carburante, adquirir pequenas embarcacións con que realizar as fugas, ou asegurar a complicidade dalgún patrón; e por último organizar as fugas, maiormente dende o propio peirao pesqueiro, dende O Portiño, As Xubias ou abordando os barcos na boca da Ría. Tampouco está descartado que a devandita rede clandestina mantivera contacto con outros portos, caso de Vigo, Malpica ou Mera. A persecución dos militantes que participaron nestas actividades foi sistemática e, como consecuencia, uns serían asasinados, outros pasarían ben anos na cadea e algúns non tiveron outra que enfilar a rota do exilio. Cómpre lembrar, asemade, o papel das mulleres quer como enlaces quer co-mo responsables de agacharen os perseguidos nos seus domicilios; algunhas, caso da antiga delegada da sección de empacadoras do SIP Sofía Martínez A Corales, aturaron moitas penalidades e anos de cadea polo seu labor arriscado e solidario.”

Dionisio Pereira participou entre 2006 e 2013 no proxecto Nomes e Voces.

Dentro dos actos do Ano da Memoria (2006), foi comisario de Os Mártires do Mar, unha exposición itinerante, aloxada no barco de vapor Hidria II, chamado O Barco da Memoria durante o período no que aloxou a exposición,  organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para dar a coñecer a represión franquista no tecido asociativo mariñeiro.

Este historiador botou máis de dous anos nunha loita xudicial, dende que en 2007 foi denunciado pola familia dun ex alcalde falanxista, que consideraba que un traballo de investigación atentaba contra a súa honra. O Xulgado da Estrada sentenciou que Dionisio Pereira está amparado polo dereito á investigación histórica, deixando claro que o historiador contaba con fontes sólidas que apoiaban o seu estudio. A familia demandante presenta recurso. A Audiencia de Pontevedra dálle a razón ao Xulgado da Estrada, considera que prevalece o dereito á investigación fronte o dereito á honra e subliña que o escrito denunciado forma parte dun estudo científico no que non existe ningunha pretensión de atentar contra ninguén.

Dionisio reivindica o dereito a coñecer a verdade e a necesidade de vencer o escurantismo para a rexeneración democrática que o Estado español precisa con urxencia.

Cómpre chegar con antelación para acomodármonos seguindo as medidas preventivas sanitarias, que limitan o aforo a 30 prazas, que o persoal do Centro Ágora asignará por orde de chegada.

Cando: 1 de xullo de 2021, ás 19 h.

Duración: 90 minutos

Enderezo: aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde ate completar aforo (limitado a 30 persoas)

REQUISITOS

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da cadeira asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Levar o seu propio bolígrafo para asinar na listaxe de público asistente necesaria para o labor de rastrexo contra a COVID-19.

• Informar na entrada ao persoal acomodador das dificultades auditivas, visuais ou de mobilidade para que procuren o asento máis axeitado.

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *