A vida de Brais

A vida de Brais

A vida de Brais

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 12 Febreiro, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, teatro, Teatro Airiños

Comedia para todas as idades de Teatro Airiños, que nos presenta unha adaptación do filme Life of Brian do grupo inglés Monty Python, referentes do humor absurdo.

Naceu o Mesías! Ou pode que non… Brais nace en Belén, Palestina, o mesmo día que Xesús. Iso é só o comezo. A súa vida verase marcada por unha chea de desafortunados equívocos e convertirase nunha aventura de dimensións case bíblicas. Moito humor, cancións en directo e un amplo elenco nunha exhibición de personaxes e situacións hilarantes, nunha proposta digna de calquera teatro romano (ou galego).

TEATRO AIRIÑOS

En 1933, arredor do Centro Galeguista de Asados (Rianxo), nacía Airiños. Con 92 anos de historia, é a Compañía decana do teatro galego. Sobreviviu até hoxe mantendo o que foi a súa máxima principal: representaren Lingua Galega. Involucrou a boa parte da parroquia durante catro xeracións, forxando o seu carácter de teatro comunitario e amador.

Dirección e adaptación: Amantia Coello

Elenco: Lucía Casal, Ramona Fernández, Héctor Figueiro, Álvaro García, Fran Gómez, Adrián Lago, Raquel Lodeiros, Manuel Morán, Graciela Muñiz, Merchi Pimentel, Fran Ruíz, Mari Santos, Marga Silva e Carlota Somoza

Escenografía: Héctor Figueiro

Vestiario: Teatro Airiños

Espazo sonoro: Amantia Coello e Manuel Morán

Deseño de iluminación: Amantia Coello e Fran Gómez

Deseño gráfico: Fran Gómez

Control de son e iluminación: Amantia Coello e Irene Fernández

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, este evento é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: para público en xeral

Cando: 21/02/2026

Horario: 19:30 h

Duración: 90 minutos

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *