A saúde mental na sanidade pública
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 1 Marzo, 2024
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Iria Veiga, Sanidade pública, Saúde mental
Palestra de Iria Veiga, médica psiquiatra no Hospital da Barbanza.
Iria Veiga está interesada na divulgación científica en medios de comunicación e centros educativos e na lingua galega. É coñecida nas redes como “A raíña Vermella”, é creadora do programa de directos en galego na canle divulgativa en Twitch Balea Vermella xunto con Javier Balea. Mantén o blog O outro lado do espello e participa nas iniciativas divulgadoras Escépticos no Pub e Pint of Science. En 2017 gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo Inchazón. En 2018 participou no LGx15 coa intervención Síndrome do Noroeste e en Malas linguas da Deputación da Coruña. Colabora cos xornais Nós Diario e Praza.
Para ver o traballo de Iria: https://espello.gal/
En Twitter: @rainhavermella
Iria Veiga tratará de expoñer nesta palestra cal é o estado actual da saúde mental na sanidade pública, centrándose sobre todo nas áreas da Coruña e Santiago de Compostela: carteira de servizos, dispositivos ambulatorios e hospitalarios, desenvolvemento da área de infanto-xuvenil, listas de agarda, eivas… e tamén que podemos agardar e, se calar, que deberiamos reivindicar.
Duración: 60 minutos
A quen vai dirixido: público en xeral
Cando: xoves 14/03/2024 ás 19:30 h.
Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal
0 Comments