A regueifa de Bergantiños

A regueifa de Bergantiños

  • Posted by Gzcultura
  • On 5 Novembro, 2020
  • 0 Comments

A poesía oral improvisada é unha manifestación poética-musical universal, dende a nosa regueifa ao punto guajiro. A palabra “repentista”, para definir a quen a practica, é un termo recente e global que oculta unha rica variedade: regueifeiras/os e brindeiras/os na Galiza, e máis alá bertsolaris, corrandistas, glosadores, troveros, payadores, huapangueros, galeronistas, cantadores de mejorana…

Unha parte de nós necesita regueifar… A regueifa e o brindo son formas de nos comunicar propias da cultura galega, cuxa vitalidade e potencia provén tanto da forza creativa e orixinal da tradición, de tempo inmemorial, como da vixencia dos seus valores e contidos, das súas cualidades pedagóxicas e de lecer.

A asociación veciñal Agra, do barrio da Agra do Orzán, convida a celebrar, mesmo anticipadamente, o día internacional do patrimonio mundial, coa actuación de Lupe Blanco, unha das nosas máis rabudas regueifeiras, que conseguirá que cantemos os versos improvisados polo público a partir das 19 horas deste luns 9 de novembro.

Información adicional

Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.

Duración: 90 minutos

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Levar papel e lapis para anotar as propias improvisacións.

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

• Organizadora:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto:

agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *