A pintura de Luís Seoane
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 6 Xuño, 2021
- 0 Comments
- agra, Agra no Ágora, emigración, Luís Seoane, María Antonia Pérez Rodríguez, parque, Parque da Agra Xa, pintura, Seoane
Palestra sobre a pintura de Luís Seoane
A investigadora María Antonia Pérez Rodríguez fará un percurso pola obra pictórica de Luís Seoane.
Ilustramos o noso cartaz coa imaxe do óleo “No parque” de 1954, en que Luís Seoane presenta un parque como espazo público de encontro das persoas, vital cando carecemos de recursos e, por riba, procedemos doutros lares.
De termos un parque, esta imaxe ben puidera ter lugar no barrio da Agra.
Cómpre chegar con antelación para acomodármonos seguindo as medidas preventivas sanitarias, que limitan o aforo a 30 prazas, que o persoal do Centro Ágora asignará por orde de chegada.
Duración: 90 minutos
Enderezo: aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde ate completar aforo (limitado a 30 persoas)
REQUISITOS
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da cadeira asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Levar o seu propio bolígrafo para asinar na listaxe de público asistente necesaria para o labor de rastrexo contra a COVID-19.
• Informar na entrada ao persoal acomodador das dificultades auditivas, visuais ou de mobilidade para que procuren o asento máis axeitado.
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
0 Comments