A percusión na música tradicional

A percusión na música tradicional

A percusión na música tradicional

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 23 Novembro, 2021
  • 0 Comments
  • agra do orzán, Asociación Veciñal Agra, Música tradicional, Ramón Dopico

Palestra do mestre percusionista Ramón Dopico

Ramón Dopico Graña, que naceu en 1981, leva no mundo da música tradicional desde a súa nenez. De feito, aos doce anos xa tocaba en público. Gran amigo de Antón Varela, Tonecho, durante anos formou un dúo co recordado mestre gaiteiro e luthier ferrolán. E desde o ano 2001 forma parte, ademais, da Banda Municipal de Ferrol. Participou en Os Cempés, en Berros do Castro, en Raparigos, e actualmente en Aliboria.

Venres, 26 de novembro,  ás 20:15 h. no local da Asociación vecinal Agra (rúa Entrepenas 38 soto, A Coruña).

Entrada libre ata completar a capacidade.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *