
A paisaxe dos valados
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 8 Maio, 2022
- 0 Comments
- Biodiversidade, exposición, fotografía, Letras galegas, Maribel Valdivieso, valados
De 16 a 28 de maio Maribel Valdivieso exporá no adro do Centro sociocultural Ágora algunhas das súas fotografías de valados tradicionais acompañadas dunha escolma de versos de diferentes autorías.

Caterva de pedra
que asolaga en soidade
o tempo santo
e enche o seu silencio
de murmurios afastados,
de voces inaudíbeis
e de segredos diálogos,
de velaíño bater de ás,
e de roce de túnicas (vestes)
e de mantos.
Sebastián M. Risco
“Os nosos marcos, as molduras que enmarcan a terra que é para quen a traballa. Cando o valado formou parte da nosa paisaxe no espazo e no territorio, e así debera seguir sendo. Non entendería a súa desaparición sabendo que é un piar fundamental da nosa arquitectura tradicional mais tamén os reivindico como vangarda, axudando a debuxar e compoñer a paisaxe e dándolle vida ao rural, os valados son como as veas que se espallan polo territorio, e moitos xa precisan de transfusión. Esta é a miña pequena achega a esa revitalización que penso é necesaria.”
Celebramos tamén así as nosas Letras e o día da Biodiversidade.
0 Comments