A illa de Chelo

A illa de Chelo

A illa de Chelo

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 16 Febreiro, 2022
  • 0 Comments
  • antifascismo, Antifranquista, CRMHAC, Guerrilleira, Memoria democrática, Odette Martínez, simboloxía franquista, Valdeorras

En colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica A Coruña (CRMHAC), proxectamos no noso local “A illa de Chelo”, un documental dirixido por Odette Martínez sobre a guerrilla antifranquista e a violenta represión militar na comarca ourensá de Valdeorras.

Partindo do asasinato de seus pais e das súas vivencias de guerrilleira, Consuelo Rodríguez, Chelo, narra os crimes cometidos pola Lexión ao mando de Sergio Peñamaría de Llano, así como a loita heroica das guerrilleiras e guerrilleiros contra o franquismo e pola democracia.

Emilio Vega, secretario da Comisión aberta en Defensa do Común da Coruña e membro do colectivo Valdeorras Infinda, presentará o documental como participante no grupo de traballo de cambio da simboloxía franquista da CRMHAC.

Por que o Concello da Coruña segue honrando o criminal Sergio Peñamaría de LLano, alcalde franquista, dedicándolle unha rúa da nosa cidade?

Logo da proxección do documental haberá un breve debate.

A entrada é libre, ata encher a capacidade do local.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *