
A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 24 Marzo, 2025
- 0 Comments
- Asociación Veciñal Agra, ecoloxía, Eira da Xoana, medioambiente, natureza, Pepe Salvadores
Xosé Salvadores presentará “A fraga dos teixos. Uns ferrados de paixón pola natureza” no local veciñal o xoves 3 de abril ás 20 h.
No acto proxectaremos un audiovisual sobre o relato dun naturalista todo e o autor conversará con Ricardo Seixo sobre este caderno de campo, crónica persoal e apaixonada dun ano de traballo para restaurar a biodiversidade en 14 ferrados de monte inzados de eucaliptos.
A fraga dos teixos pode ser lido como unha guía amena de fauna e flora da Galiza e, especificamente, da Mariña. Mais tamén como un convite para actuarmos en defensa da natureza e do noso medio tan agredido. Mesmo como un exemplo do que pode ser feito con vontade individual e, sobre todo, con planificación institucional e esforzo colectivo.
A entrada ao acto é de balde e libre ata encher o local.
0 Comments