A fonética dos corpos 2020

  • Posted by gzcultura
  • On 15 Novembro, 2020
  • 0 Comments
  • agra, artes escénicas, coruña, novembro, teatro

Este xoves 19 de novembro comezamos unha aposta polas artes escénicas na Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra” , con este festival queremos abrir una canle comunicativa multidisciplinar que dea abeiro á danza, ao teatro, ao mimo… en definitiva, ás artes escénicas.

Cartaz do evento organizado pola Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Nesta ocasión contaremos coa participación da Asociación Ditirambo Teatro Coruña, coa peza: “O Banco”, dirixida e interpretada por Flor de Pópolo & Javi Tink, cunha duración de 30 minutos.

A continuación, virá a interpretación de Verónica Rilo e músico/a de “Lavandeira”. O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Este espectáculo recolle ese patrimonio real, musícao, dálle forma descubrindo os outros relatos que rodean os lavadoiros.

Horario: 19.00 h

Ás 18:30 h. abrirá a porta (a da parte posterior do Centro Ágora, entre a biblioteca infantil e o Auditorio). Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.

Duración: 90 min

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas: 30

Prezo: de balde

Requisitos
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.

Contacto: agra@galizacultura.gal

 1

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *