50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 31 Maio, 2025
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Memoria democrática
En 12 de agosto de 1975 a policía franquista asasinou en Ferrol Xosé Ramón Reboiras Noia (Moncho Reboiras), militante e dirixente nacionalista da Unión do Povo Galego.
Co gallo do 50 aniversario a Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo impulsan un conxunto de actividades impulsadas para homenaxear, dar a coñecer e popularizar na sociedade galega, nomeadamente entre as clases populares, a figura deste demócrata e nacionalista galego, vítima da represión da ditadura franquista, que deu a vida pola defensa da liberdade, da democracia, dos intereses da clase da clase traballadora galega e dos dereitos nacionais de Galiza. Unha vida, unha militancia, un asasinato que, 50 anos despois, fican baixo un manto de silencio tecido pola historia oficial.
As tres entidades, en colaboración coa Asociación veciñal Agra, presentan o libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025 que inclúe un vídeo biográfico sobreMoncho, Reboiras Noia. Os textos que aparecen neste libro son obra de persoas que compartiron con el militancia e ideario nacionalista, no fin da ditadura franquista.
Esta actividade de memoria democrática e actualidade, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa Agra no Ágora está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
A quen vai dirixido: público xeral
Cando: 5 de xuño de 2025 ás 19:30 h
Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

0 Comments