1º festival: Talento da Coruña

1º festival: Talento da Coruña

1º festival: Talento da Coruña

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 22 Marzo, 2025
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, improvisación, Talento da Coruña, teatro

o domingo 30 de marzo celebraremos no auditorio do Centro Ágora, ás 19:30 h. a primeira edición do festival Talento da Coruña, que ofrece un triplo espectáculo de microteatro e improvisación.

GIZEN é un espectáculo de microteatro formado por dúas pezas relacionadas entre sí: Coalición a domicilio e #ParaSempre.

Coalición a domicilio

Fran e Lara coñécense por Tinder, tras levar varias semanas falando deciden ter unha cita en persoa que non acabará saíndo como lles gustaría.

#ParaSempre

Fran aproveita a voda da súa curmá para decirlle a Lara que a quere deixar, esta non o toma ben e comezan sacarse os trapos suxos un a outro.

Reparto:

·         Javi Tink

·         Lexi Fraga

·         Aarón Quintela

§  Dirixido por Javi Tink

Cabaret

Embáucame é un alarido de vida, sen anestesia, sen filtros. Unha cita coas entrañas máis febrís dunha muller volcán. Unha oda á liberdade, unha protesta dun corpo que se resiste a ser domesticado e que arde na paixón da súa propia verdade.

Pandemonium é un show exótico e descarado, unha parodia que mestura danza,

sensualidade, provocación e moito xogo. Un espectáculo onde todo pode acontecer…

Irreverencia en estado puro!

Reparto:

·         Patri Cameán

§  Dirixido por Yolanda Paz

Impro

Espectáculo cómico de improvisación teatral a cargo das Izquierdo Sisters.

Reparto:

·         Izquierdo Sisters

Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: para público en xeral

Cando: 30/03/2025

Horario: 19:30 h

Duración: 75 minutos

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *