13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis

13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis

13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 23 Maio, 2022
  • 0 Comments
  • 13 estampas da traizón, álbum de guerra, antifascismo, Fundación Luís Seoane, Luís Seoane, María Antonia Pérez Rodríguez, república

Co gallo do aniversario do nacemento de Luís Seoane en 1 de xuño, inauguramos a exposición 13 estampas da traizón. Luís Seoane: loita antifascista a punta de lapis.

En 1937, dentro da campaña de propaganda exterior da II República española, publicouse Trece estampas de la traición, o primeiro álbum de debuxo de Luís Seoane, que voltara como exiliado á súa cidade natal. Neste álbum de guerra, Seoane denuncia os responsables do golpe de estado de 1936 e as consecuencias sobre a poboación civil.

En 2018 visitamos a exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación, comisariada por Silvia Longueira e María Antonia Pérez, na Fundación Luís Seoane. Agradecemos á tamén directora da fundación, Silvia Longueira Castro, que nos facilitara as estampas escaneadas. Isto e unha axuda da Deputación da Coruña permitiunos reproducilas nas táboas de madeira que agora expoñemos no adro do Centro Ágora, entre o 1 e o 18 de xuño.

Complementamos a exposición coa conferencia “O álbum de guerra de Luís Seoane” de María Antonia Pérez Rodríguez, investigadora e profesora xubilada da UDC, o xoves 2 de xuño, na aula 9 ás 19 h.

Agasallamos un marcapáxinas con este fragmento dun poema de Florencio Delgado e ilustrado coa caricatura deste autor feita por Xoán Andrade:

LEVAN A CRISTO POR FÓRA…

Levan a Cristo por fóra,
levan o demo por dentro;
a relixión nas camisas,
do inferno as paixóns, no peito:
frechas, xugo, escapularios
–morte, escravitude, amuletos–,
insignias maldizoadas,
enfeite de traizoeiros,
con fachenda de asasinos
móstranlle ao mundo enteiro.
[...]

Florencio Manuel
Delgado Gurriarán
Cancioneiro da loita galega, México, 1943
O soño do guieiro
 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *